17 mayo, 2013

O día dos valentes

A pesar da situación actual, dos recortes, das reformas e do menoscabo dos dereitos, hoxe os galegos todavía temos motivo de celebración. O día das nosas letras

Cada 17 de maio, durante os últimos 51 anos, dedícase este día a homenaxear aos valentes. Aos defensores da nosa lingua, aos  homes e mulleres que publicaban, e con orgullo, as súas obras en galego. Tal día como hoxe, recórdannos que se se quere, pódese. Que o galego é unha lingua fermosa, que merece ser compartida. Foron persoas que en ningún momento sentiron nin un chisco de vergoña pola súa lingua e que a aman e a respetan. Por iso, hoxe non fagamos discursos políticos sobre a defensa da lingua, nin nos metamos na común diatriba galego-castelán e na hipocresía dos que só se acordan hoxe da súa defensa. 

Como galegos o primeiro é sentir a nosa lingua, sentir orgullo, apreciar a súa beleza e honrar os seus acentos doces e as súas palabras enxebres. Tal día coma hoxe, deixemos a un lado as batallas campais, que para iso, temos o resto do ano. Respetemos que polo menos exista un día (aínda que por agora só exista este único día) no cal todos os galegos volvamos ás orixes e coñezamos as nosas raíces. Porque este único día, representa a loita dos valentes e o porqué da súa loita. Hoxe na súa memoria, debería ser unha xornada de reflexión. Un día para coller folgos, e seguir adiante.

Porque hoxe non é só o día da lingua. É día de celebración e conmemoración, de presentar homenaxe e respeto a un dos grandes literatos da nosa historia, Roberto Vidal Bolaño. O primeiro indignado. Un home que uniu con gran atino un arte minoritario cunha lingua minoritaria, exaltando a importancia e a beleza de ambas, e logrando así ser un dos grandes das letras galegas.


¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario